Nun recuncho de Galicia onde o polbo é máis ca un prato, nace esta pequena e humilde homenaxe ás polbeiras e polbeiros de Arcos, no Carballiño. Homes e mulleres que coa súa experiencia, esforzo e saber facer, mantiveron viva unha tradición que forma parte da nosa identidade.
Neste libro recóllense anécdotas simpáticas e lembranzas dalgúns dos profesionais cunha traxectoria máis longa, historias nacidas entre feiras, potas e noites de traballo, contadas desde o cariño e o respecto por unha vida dedicada ao oficio.
Como ponte entre tradición e presente, tres receitas actuais creadas por profesorado das escolas de hostalería de Galicia reinterpretan o polbo cocido polas propias polbeiras e polbeiros homenaxeados.
Porque sen eles e elas, sen as súas mans e o seu legado, estas elaboracións non serían posibles.
Un libro feito desde a gratitude, a memoria e o orgullo dunha tradición que segue máis viva ca nunca.
© 2026 www.libroslar.com