"Ten vostede nas súas mans o froito do traballo de moitos anos. Anaquiño por aquí, anaquiño por acolá, vou facendo cousas que me permiten reconfortarme comigo mesmo e gozar do pracer de xogar coas palabras. En varios destes escritos mostro a miña preocupación pola difusión da nosa lingua e da nosa cultura a través da actividade das distintas agrupacións culturais facendo país, desenvolvendo conciencia crítica e construíndo polis. Preocúpame tamén o impacto do tránsito da sociedade tradicional á sociedade urbana sobre a paisaxe e sobre as persoas. Por moito que nos poida parecer que hai fendas irreparábeis, sempre hai que ter a valentía de pensar en reverter a situación... e poñérmonos mans á obra.
© 2026 www.libroslar.com