libros lar logo

Menu
  • Inicio
  • Tienda
  • Temáticas
    • Biografía
    • Ensayo e investigación
    • Arte y fotografía
    • Infantil
    • Narrativa
    • Poesía y música
    • Viajes
    • Viveiro
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • www.graficaslar.es
    • Nuestro Facebook
    • Nuestro Instagram
    • Contacto
  • Preguntas frecuentes
    • Nuestra forma de trabajar
    • Costes y condiciones
    • Información de sus ventas
    • LIbrerías y distribuidores
  • Blog & Noticias
  • No tengo cuenta
  • Ya tengo cuenta
  • Mi carrito

libros lar logo

Su pedido está vacío

Huella fiscal INITIUM LAR 70px

 
  • Inicio
  • Tienda
  • Temáticas
    • Biografía
    • Ensayo e investigación
    • Arte y fotografía
    • Infantil
    • Narrativa
    • Poesía y música
    • Viajes
    • Viveiro
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • www.graficaslar.es
    • Nuestro Facebook
    • Nuestro Instagram
    • Contacto
  • Preguntas frecuentes
    • Nuestra forma de trabajar
    • Costes y condiciones
    • Información de sus ventas
    • LIbrerías y distribuidores
  • Blog & Noticias

Presentación do libro "Galdo, O que queda na memoria"

  • Enlace para a descarga do pdf co libro completo e outra información
  • Video da presentación retransmitido en directo no Facebook de Libroslar

Noticia recollida da web da Deputación de Lugo:

O Goberno da Deputación recupera nun libro a historia da parroquia vivairense de Galdo

- Campos Conde, Loureiro García, López Martínez e o autor Paco Salgueiro, presentaron este venres na Casa Escola desta parroquia, “Galdo, o que queda na memoria”

- O Presidente dixo “a parroquia de Galdo vive un momento histórico coa edición e recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”

- A Alcaldesa de Viveiro explicou “para min como Alcaldesa é un orgullo presentar esta obra de Paco Salgueiro, que é un testemuño documental imprescindible de como manter a memoria, e de como coñecer a identidade dos nosos lugares e as parroquias”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o editor Manuel López Martínez de Gráficas Lar, e o autor Paco R. Salgueiro, presentaron este venres na Casa Escola desta parroquia “Galdo, o que queda na memoria”, unha publicación coa que colabora o Goberno da Deputación.

No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano García, así como membros da corporación municipal, ademais do Presidente da Asociación de Veciños do Camiño de Galdo, Francisco Rivera. O Presidente dixo que “a parroquia de Galdo vive un momento histórico. Hoxe preséntase unha edición coa recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”.

Campos Conde avanzou que “esta edición é un exercizo exemplar de mantemento do sentir colectivo, que é o xustamente o que nos fai falta a todos nestes momentos difíciles, unirnos para poder saír adiante”.

“Quero felicitar ao autor Paco Salgueiro, a gráficas LAR, que fixo un traballo precioso coa publicación deste edición, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, por apoiar iniciativas destas características, e a todos e cada un dos veciños de Galdo que son os verdadeiros protagonistas desta historia, ou mellor dito da súa historia”, sinalou.

Pola súa banda, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, explicou “para min como Alcaldesa é un orgullo presentar esta obra de Paco Salgueiro, que é un testemuño documental imprescindible de como manter a memoria, e de como coñecer a identidade dos nosos lugares e as parroquias. Non se trata só relatar cantas tabernas existían en Galdo, senón de narrar e explicar como se vivía naqueles tempos, e quenes eran os protagonistas da nosa historia”, resumiu.

Debate

Trala presentación da obra, a Casa Escola de Galgo, acolleu unha mesa de debate na que interviron a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o autor, Francisco R. Salgueiro, e o Fundador de Gráficas Lar, Manuel López Martínez. Ao remate do acto entregáronse a todos os asistentes un exemplar da obra de xeito gratuíto.

O autor e a obra

Paco Rodríguez Salgueiro, xubilado de Alcoa, naceu na parroquia Galdo, mediante esta publicación quixo homenaxear a terra e aos veciños que viron nacer e crecer. Salgueiro taballou durante un ano de investigación, a través de “moitas conversas” por toda a parroquia, para acadar este libro, editado por Gráficas Lar. A obra centrase ata 36 profesións que se puideron contabilizar en Galdo, todas personalizadas con nomes e fotografías que gardan a historia de cada familia, e ao mesmo tempo a historia viva do lugar.

“Galdo, o que queda na memoria”, tamén recolle nomes de persoeiros relevantes de Galdo, como os irmáns Cal Pardo, a palista Teresa Albo, Jose sierra, fundador de Urovesa, ou incluso outro nomes históricos como Pardo de Cela, que tivo fixada a súa residencia na Casa do Carballo, cando foi Alcalde de Viveiro, ou os maquis como Francisco Insua e José Balea


Video da presentación

Retransmitido en directo a través de Facebook, motivo polo que se atopa en formato vertical.

 

© 2025 www.libroslar.com